Andes, Nova York
Andes é unha corporación municipal (town[1]) do condado de Delaware do Estado de Nova York de 1234 habitantes[2]. A principal entidade de poboación é a localidade homónima de Andes que ata 2003 contou, dentro da town de Andes, coa súa propia municipalidade, constituíndo xa que logo unha village[3], e que dende entón constitúe un hamlet [4].
Historia
[editar | editar a fonte]A rexión formaba parte do territorio dos lenape e tras da Guerra de independencia comezaron a se instalar na zona familias de orixe neerlandesa, alemá e escocesa[5]. En 1819 estableceuse como unha entidade propia co rango de town ao se separar de Middletown, e como boa parte do condado de Delaware formaba parte da casa señorial Hardenbergh Patent, propiedade de membros da familia Livingston. O 7 de agosto de 1845[6], xa ao final da revolta coñecida como Anti-Rent War, cando as autoridades intentaban vender unha propiedade confiscada e ao negar o acceso o anterior propietario, numerosos veciños da zona vestidos coma indios dispararon, matando ao subshériff Osman N. Steele. Detivéronse a varios veciños e houbo tres sentenzas a cadea perpetua e dúas penas de morte, aínda que logo lles conmutaron a pena.
O 3 de xuño de 2002, os residentes da principal localidade, Andes, decidiron disolver a súa autonomía municipal (village) nunha elección por 81 a 63 votos[7], decisión que entrou en vigor o 31 de decembro de 2003.
Un total de 129 edificios da zona vella de Andes incluíronse en 1984 nun Distrito Histórico [8] e a granxa Jackson-Aitken está tamén dende 2003 no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.[9]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo a lexislación do Estado de Nova York town é unha corporación municipal. "New York Consolidated Laws, Town Law - TWN"
- ↑ "Population and Housing Unit Estimates". Consultado o 9 de xuño de 2017.
- ↑ No Estado de Nova York village fai referencia a unha corporación municipal integrada nunha town Local Government Handbook, p. 81 Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- ↑ En Nova York, hamlet é unha entidade de poboación sen autonomía local
- ↑ W.W. Munsell The History of Delaware County. The Town of Andes
- ↑ "Undersheriff Osman N. Steele" Officer Down Memorial Page
- ↑ Breakey, Patricia. "Andes residents begin life after end of village" Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. The Daily Star (Oneaonta). 9 de xaneiro de 2004.
- ↑ NRHP
- ↑ NRHP